Thursday 02 de May de 2024

O alcalde de Oleiros non permite debater no pleno a moción do PP para o recoñecemento das competencias da Xunta de Galicia en materia de ordenación do litoral


ÁNGEL GARCÍA SEOANE APOIA A POSICIÓN DO GOBERNO CENTRAL E REXEITA RECLAMAR DITA COMPETENCIA

O Grupo Municipal do PP elevou unha moción ao Pleno Municipal que se celebrou este xovesno Concello de Oleiros, que dá continuidade á tramitación da normainiciada pola Xunta de Galicia o pasado 15 de decembro e que ten como obxectivo regular a xestión das actividades humanas no litoral, garantindo o aproveitamento sostible do mesmo, dos seus recursos e mantendo en bo estado os seus ecosistemas.

A protección do propio litoral é fundamental, como lugar estratéxico para o desenvolvemento económico e como soporte das actividades económicas e sociais que crean emprego para a poboación e que son propias da súa identidade.

Ángel García Seoane alegou que o Goberno central xa anunciara que non traspasaría as competencias, votou en contra da urxencia e non permitiu o debate da moción, demostrando a súa nula intención de reclamar unhas facultades tan necesarias para o noso territorio, en xeral, e o concello de Oleiros, en particular.

No documento que foi presentado este xoves, 23 de febreiro, ínstase o Goberno central a recoñecer as lexítimas competencias de Galicia en materia de ordenación do litoral atribuídas no seu Estatuto de Autonomía, a respectar a lei galega de ordenación do litoral, a realizar o traspaso efectivo de medios persoais e materiais para levar a cabo e, por último, a velar pola protección do dominio público marítimo-terrestre.